Aplicación para unha linguaxe non-sexista.
Exeria
Escribe no cadro inferior o termo a buscar no Exeria:

Que é Exeria? | Como se utiliza | Glosario | Descargar glosario | Caixa de suxestións

A Vicepresidencia do Goberno da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información, poñen a disposición das galegas e dos galegos unha nova ferramenta informática integrábel no paquete ofimático libre OpenOffice que ten como finalidade o uso dunha linguaxe non-sexista: ofrecendo unha axuda interactiva para a edición de textos que reflictan un tratamento igualitario da linguaxe e favorecendo, deste xeito, o cumprimento dos obxectivos do V Plan do Goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes 2007-2010.
A colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información é unha mostra máis da cooperación entre distintos departamentos do Goberno galego, neste caso, unindo as estratexias no relativo á igualdade e á sociedade da información, firmemente convencidos dos enfoques transversais de ambas as estratexias. Con esta proposta inserímonos no paradigma que opta por considerar a lingua na súa dimensión de poder representativo. Asemade, incidimos deste xeito na dotación dun modelo de calidade para a sociedade galega.
A nosa achega parte da nosa participación na construción da linguaxe, de visibilizar a presenza das mulleres no colectivo e de que se integre a súa consideración como axentes participativos nos diferentes ámbitos sociais.
Por conseguinte, Exeria facilita a construción dun discurso máis inclusivo ofrecendo alternativas e solucións para aqueles termos que poden, nalgúns contextos, implicar un uso discriminatorio no que atinxe á linguaxe. Ademais, cumpre cos obxectivos do Plan estratéxico galego da sociedade da información (PEGSI 2007-2010) tanto no referido á creación de ferramentas lingüísticas como no impulso ao software libre en Galiza. Cómpre subliñar tamén que a aplicación para a edición de textos Exeria compleméntase cun buscador de equivalencias e solucións na rede.
En conclusión, con esta aplicación informática a Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información aumentan a oferta de material en soporte informático, garantíndolles o acceso ás tecnoloxías da información e das comunicacións á sociedade galega en xeral e, en especial, aos e ás profesionais da Igualdade e ao persoal da Administración galega.
[ ...] how often must an act be performed before it becomes tradition, and therefore venerable?
[ ...] cantas veces é preciso realizar un acto para que chegue a ser tradición e, en consecuencia, respectábel?
Virginia Woolf. Three Guineas.
Xunta de Galicia. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral de Igualdade Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Tagen Ata, Lingua e Comunicación Imaxín Software
O contido desta páxina web, a escepción do software, está dispoñíbel baixo a licenza Creative Commons Atribución/ Non Comercial/
Valid XHTML 1.0 Transitional